Os veciños de Riós coñecerán as claves da nova tarifa eléctrica

A cita é o mércores 8 de setembro no Edificio Multiusos do Riós

O salón de actos do Edificio Multiusos do Concello de Riós acollerá o vindeiro 8 de setembro, ás 19,00 horas, unha sesión informativa sobre a nova tarifa eléctrica, para que os veciños do municipio poidan coñecer máis sobre esta novidade e esclarecer dúbidas entorno a esta cuestión de actualidade.

Organizado pola Xunta de Galicia, a través do Servizo de Consumo, a sesión busca facilitar á poboación información respecto á nova tarifa eléctrica, dende como entender a factura da luz ata as chaves nas que hai que fixarse para aforrar, ou incluso indicacións sobre o mellor horario para empregar os electrodomésticos e a quen reclamar en caso dalgún inconveniente ou erro.

Esta ferramenta resulta útil, como explican dende Riós, para que as persoas máis maiores ou aqueles que non están ao corrente da situación poidan coñecer os aspectos máis destacados da tarifa eléctrica e poder coñecer o as novidades actuais nesta materia.

Dende o Concello de Riós consideraron interesante esta oportunidade para que os veciños que o desexen poidan acudir a cita, para o que fai falta inscripción previa a través do Consistorio -ou ben chamando ao número de teléfono ou mediante o correo electrónico-, pois debido ás medidas hixiénico-sanitarias polo coronavirus, o aforo está reducido a 30 personas.

Te puede interesar