Verín acolle un contacontos sobre a figura de Luís Seoane e Rosalía de Castro

Un niño observa una exposición de libros infantiles, en la Feria del Libro de Madrid.  (Foto: ARCHIVO)
photo_camera Un neno observa libros. (Foto de arquivo).
A cita será este venres ás 18,00 horas no local La Librería

Os escritores Alba de Evan e Xabier Domínguez achegaranse a Verín este venres para realizar un contacontos e un taller para os cativos sobre a figura de Rosalía de Castro e Luís Seoane na súa xira libreira de presentación da súa colección Miudiños. 

A cita será no local comercial La Librería CyC de Verín ás 18,00 horas e está pensada para os cativos, pero os adultos tamén desfrutarán desta actividade literaria. 

Alba de Evan e Xabier Domínguez están realizando en diferentes puntos da xeografía galega a presentación destas obras da colección Miudiños, dúas biografías para os cativos sobre os ilustres galegos a través de poemas que falan das súas vidas e obras. “Son unha boa forma de introducir á rapazada na vida e obra de persoeiros”, sinalan os escritores. 

Te puede interesar