DEBATE

Verín acollerá en abril o primeiro torneo de debate

Iván Olmos y Gerardo Seoane, durante la firma del convenio para celebrar el I Torneo de Debate Vila de Verín.
photo_camera Iván Olmos y Gerardo Seoane, durante la firma del convenio para celebrar el I Torneo de Debate Vila de Verín.

Será a primeira vez que unha vila do rural sexa sede dun evento coma este

Verín será sede dun torneo de Debate e Oratoria universitario de carácter estatal os vindeiros días 12 e 13 de abril. O rexedor da vila, Gerardo Seoane, e o vicepresidente da Asociación de Oratoria e Debate (CODE) -que ten como obxectivo fundacional promover o desenvolvemento de actividades académicas e competitivas relacionadas coa oratoria e o debate ao longo de toda a xeografía galega- , Iván Olmos, asinaron onte sábado un convenio de colaboración polo que o encontro, que recibirá o nome de "Vila de Verín", será unha realidade en tres meses. Tratarase, segundo fontes municipais, da primeira ocasión na que unha vila do rural acolla un evento destas características.

No campionato participarán 24 equipos en total, chegados dende distintas partes da xeografía española e que convivirán e competirán no Auditorio Municipal de Verín durante a segunda fin de semana do mes de abril. Deste xeito, os mellores oradores daranse cita na vila e dabaterán no formato internacional: "brittish parliament" , que contempla debates entre catro equipos dunha hora de duración e con intervencións de sete minutos por orador.

No que atinxe aos temas que se tratarán, estes serán transmitidos por parte do equipo de adxudicación do torneo uns 15 minutos antes de que dea comezo cada rolda. O obxectivo é favorecer a capacidade de improvisación, e a construcción de elementos sólidos e racionais para defender diferentes posturas sobre cuestións de diversas índoles.

Iván Olmos, director do torneo, foi proclamado campión mundial de discursos en 2018.

Te puede interesar