PLENO | PRESUPUESTOS

Verín aprobará en dous meses os orzamentos de dous anos

O goberno municipal presentará os de 2017 a vindeira semana e en decembro quere aprobar os de 2018

O Concello de Verín regularizará nos vindeiros 90 días a situación orzamentaria do consistorio cunha operación financiero-administrativa que o situará como un dos municipios que poderá aplicar os presupostos do vindeiro 2018 a día un de xaneiro dese mesmo ano, dando así cumprimento á normativa vixente e resolvendo o caos que nese ámbito se xestara. 

Segundo anunciou o grupo de goberno onte pola mañá, antes de que remate outubro estarán aprobados os orzamentos do 2017, dos que xa se coñece a cifra definitiva dos mesmos e, no mes de decembro, serán sancionados polo plenario municipal os do vindeiro ano 2018. Ademáis, como así afirmou o teniente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, "o lixeiro retraso que estamos a sufrir pola implantación do novo sistema informático de xestión telemática municipal no pago a proveeedores quedará tamén resolto no mes de novembro co abono total de todas aquelas facturas que estean pendentes de pago, porque este Concello, en contra do que reflicte o portavoz da oposición, ten un extraordinaria liquidez".

Así, a cifra total dos orzamentos para este ano en curso que será aprobada nos vindeiros días alcanza os 11.057.000 de euros -un millón menos dos que se xestionarán en 2018-, o que supón un incremento dun 7,98% respecto ao exercicio de 2016, especialmente debido a un notable aumento nas transferencias de capital, derivadas da xestión destes recursos e actuacións e intercambios de xestión do Concello de Verín coas outras administracións do Estado, o que se concreta nun incremento dun 190,77% nas transferencias de capital, que pasan de 113.570 euros aos 330.227,78 euros. 

Concretamente, neste apartado figuran os ingresos que o propio Concello de Verín percibirá dos desbroces preventivos, que pasan de cero a 146.883,25 euros, no concepto de “transferencias de capital de familias e institucións sen fins de lucro. Aportación de propietarios de fincas e parcelas para desbroce, limpeza e prevención nos perímetros de protección contra incendios forestais”, o que constitúe boa parte do 190,77% de aumento do total do capítulo, e que supuxo un punto de inflexión na política da xestión de limpeza de fincas que ameazaban a integridade física das persoas na vaga de lumes. 

No capítulo de gastos, as partidas máis destacadas voltan a ser as de gastos de persoal, xa sexa funcionario, laboral e laboral temporal e as de inversións. Na primeira das masas orzamentarias, as retribucións do personal funcionario increméntase nun 2,79%, pasando do 1.092.962,99 euros ao 1.123.441,15 euros. 

No relativo ao personal laboral fixo, o orzamento aumenta lixeiramente, ata acadar os 675.344,54%, un 5% máis co ano anterior. Polo que respecta ao personal laboral temporal, a subida é máis significativa, cifrada nun 27,34% e unha cantidade total de 1.330.418,16 euros, como resultado da incoporación de persoal externo unha vez que se municipalizaron algúns dos servizos que con anterioridades estaban externalizados.

Cando remate o ano, o Concello de Verín terá xestionadas unhas inversións por importe total de 1.290.549,91 euros, que supón unha redución dun 14,97%. No 2016 investíronse 1.517.785,83 euros.

Te puede interesar