MONTERREI

Verín reúne nunha guía anual o lecer e servizos

<p></p>
photo_camera Santos Álvarez, presidente Aever, José A. Rodicio, xerente, Gerardo Seoane, alcalde e Antonio Álvarez, hosteleiro.

Estará en tres idiomas e referenciada coas máis modernas tecnoloxías

Os cidadáns de Verín contarán, a partir das vindeiras semanas, cunha guía que reunirá a oferta de servizos, turismo, lecer e actividades que sexan do seu interese. A revista incluirá, do mesmo xeito, referencias e ubicacións de interese da cidade, referenciadas coas mais modernas tecnoloxías -xeoposicionamento GPS e códigos QR-. A guía estará editada en tres idiomas: galego, castelán e inglés.

Baixo o nome "Novo Verín", a publicación ofrecerá aos visitantes da vila a posibilidade de planificar as súas visitas con total comodidade, e proporcionará información sobre a ubicación dos oito párkings libres da vila, así como o dos camións aos que, cun código QR, poderase chegar mediante Google Maps. Ademais, en colaboración con Aehcom, Aever e a Denominación de Orixe Monterrei, a guía contará cun directorio de todos os seus asociados e outros teléfonos de interese.

Un punto importante desta publicación será a promoción e difusión dos balnearios reabertos nos últimos tres anos en Verín: Caldeliñas e Fontenova e que aparecerán descritos tanto polas súas propiedades, como polo papel que xogaron na historia da vila.

Especial importancia terán os puntos limpos da cidade que permitiron eliminar os contenedores da vila e realizar reparacións sen concentrar a recollida nas rúas. Os 15 estarán referenciados coa súa localización exacta.

Non faltarán, entre outros, os horarios das misas ou dos parques. As páxinas centrais serán sepables da guía para actuar como mapa que terá os párkings libres, un resumo dos servizos e, en colaboración cos hostaleiros e comerciantes varios teléfonos de interese.

Te puede interesar