VERÍN

O vindeiro día 3 de abril terá lugar a andaina ‘ruta dos Carros

A saída será ás 9.30 horas desde o Pavillón Municipal de Deportes e para participar nesta andaina é necesario inscribirse antes do 1 de abril en Multisport Verín

O vindeiro 3 de abril terá lugar a andaina 'Ruta dos Carros. Subida ó Pozo do Demo', organizada polo Concello de Verín e Asociación de sendeirismo Ruta das Augas. A andaina, cunha distancia de 19,800, percorrerá a 'Ruta dos Carros', unha antiga vía que comunicaba o núcleo de Cabreiroá (Verín) co de A Veiga das Meás (Vilardevós), rehabilitadas polos alumnos dos módulos de xardinería e carpintería dos obradoiros 'Pozo do Demo'.

Os participantes recibirán avituallamento e pinchos. A saída será ás 9.30 horas desde o Pavillón Municipal de Deportes e para participar nesta andaina é necesario inscribirse antes do 1 de abril en Multisport Verín (Irmáns Moreno 19, no correo [email protected] ou nos teléfonos 988-414423 e 600410018). 

Te puede interesar