formacion

Xardinería e albanilería para formar 20 alumnos

Un momento da visita, nun dos lugares con obras.
photo_camera Un momento da visita, nun dos lugares con obras.

O alumnado desenvolverá traballos de limpeza e axardinamento de áreas recreativas e parques, acondicionamento de fontes, edificacións municipais e creación de parques infantís

O obradoiro de emprego Támega V estase a desenvolver de xeito satisfactorio na comarca de Monterrei con 20 alumnos procedentes do concello que leva o mesmo nome, así como de Castrelo do Val, Cualedro, Oímbra, Vilardevós e Laza. Os participantes firmaron un acordo de aprendizaxe de nove meses de duración para poder traballar, a posteriori, en fábricas de albanelería e instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes. Para esta finalidade, o goberno galego achegou 288.807 euros e a delegada do organismo en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, desprazouse ata a localidade para comprobar o desenrolo destas primeiras semanas de curso. 

Durante todos estes meses que durará o programa mixto de formación e emprego, o alumnado desenvolverá traballos de limpeza e axardinamento de áreas recreativas e parques, acondicionamento de fontes, edificacións municipais e creación de parques infantís. Entre outras, acondicionarase a escola da Retorta, en Laza; en Vilardevós acondicionarase a primeira planta da antiga Cámara Agraria; a área recreativa de As Parras e O Terrón de Castrelo do Val será axardinada e en Cualedro crearanse novos parques infantís para Carzoá e Atás. 


Conservas do Támega


Durante a súa visita a Monterrei, a delegada territorial achegouse ata a empresa "Conservas do Támega", dedicada á transformación e envasado de produtos de horta e froitos que, grazas a un investimento de 215.000 euros por parte da administración autonómica, mellorou tecnolóxicamente e modernizouse para almacenar uns 16.000 quilos de materia prima.

Te puede interesar