Xornada sobre dragóns na biblioteca verinense

O vindeiro venres 5 de outubro, entre as 18,00 e as 19,30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa 'Contos de Dragóns', no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos socios da instalación, con idades comprendidas entre os tres e os dez anos.

A actividade programada dende o Concello consistirá na realización de contacontos sobre dragóns, así como manualidades da mesma temática, a partir de pinturas e caixas de cartón de ovos.

Nenos voluntarios, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín serán os encargados de dirixir a xornada e desenvolver as distintas actividades.

Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.

Te puede interesar