O pasado martes, día 9 de abril, toda a mañá, as persoas con mobilidade reducida atoparon a praza reservada especificamente para eles, ocupada por un camión de mudanzas supostamente autorizado pola Policía Local, habendo un "carga e descarga" uns metros máis adiante e unhas prazas de liña branca uns metros atrás. Esta praza non se aprecia na foto porque o camión cúbrea enteira. As persoas que por necesidade a utilizan habitualmente tiveron que facer máis percorrido a pé precisamente nunha xornada con fortes choivas, cando hai moitas máis opcións para non deixar con importantes dificultades a xente que xa de por sí as teñen. Esperemos que valoren as consecuencias para os menos favorecidos e que non se repita noutras ocasións.
Buscar
Más en De los lectores
CRONISTA LOCAL
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, jueves 2 de mayo
02/may./24 10:10
CRONISTA LOCAL
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, miércoles 1 de mayo
01/may./24 11:05