Dia da Galiza em Braga


NOTA DE PRENSA

O Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho, en colaboración co alumnado das materias de Cultura dos Países Lusófonos II: Cultura Galega, Literatura e Cultura Galega e do Curso Livre de Galego do Babelium – Centro de Línguas, organizan, no próximo día 19 de xaneiro, o DIA DA GALIZA EM BRAGA.


Esta iniciativa, que terá lugar na Fundação Inatel no próximo sábado, día 19 de xaneiro de 2013, das 10h00 ás 19h00, pretende celebrar as moitas afinidades históricas, lingüísticas e culturais entre o norte de Portugal e a Galiza, ben como aumentar o coñecemento entre as dúas rexións que partillan unha grande proximidade.

Do programa, para alén de exposicións, haberá a proxección de filmes galegos, un obradoiro de gastronomía galega, degustación de produtos galegos, ben como un espazo infantil.

O programa definitivo será enviado posteriormente.

Te puede interesar