Xornada productiva de pesca para Pepe Silva

photo_camera Pepe Silva.
Cando se lle pregunta a un pescador que tal foi a xornada de pesca, a contestación habitual é a de que "todo depende de se pican ou non". Algo similar o que ocorre cos pementos de Padrón, unhos pican e outros non. Os amantes da pesca como Pepe Silva, da localidade de Gueral, na parroquia de Viveiro do Concello de Celanova, non desfalecen, porque saben que algún día van ter a sorte de cara e voltarán coa cesta chea pra casa. E iso foi o que lle ocurriu o pasado fin de semana a Pepe Silva no embalse das Conchas, que amosa orgulloso as capturas feitas, cinco carpas de considerable peso e dimensión. Felicidades Pepe e a seguir coa afección.

Te puede interesar