Error en invitar a un programa de televisión a un maltratador

Progrmas telelixo

Violencia de xénero
A lembranza na mirada dos bonitos ollos azuis de Svetlana, apagados para sempre, maila interrogante dunha pequena de dos anos que pregunta pola súa nai, cargará para sempre na conciencia dos responsables dun noxento programa de televisión.

A dramática historia desta moza rusa degolada pola súa parella despois de que ambos comparecesen nun programa de Antena 3 'El Diario de Patricia' no que ela rexeitou a oferta de matrimonio formulada polo seu presunto asasino, algo similar ao acontecido ca granadina, Ana Orantes, cando se cumpre, aproximadamente, os dez anos do seu asasinato, horrorizou a todos os televidentes.

Converter desgracias nun espectáculo de circo parece estar de moda. Se comercia descaradamente co maltrato psíquico e físico, tanto por parte de homes como de mulleres. está de moda furgar na fidelidade das parellas chegando incluso ata inxuriosas calumnias. O importante é gañar audiencia sen pensar no dano, tanto moral como material, que poida ocasionar ás persoas impricadas, aínda que o feito se disfrace de intención benefactora.

A responsabilidade, tanto penal como civil, dos medios de comunicación, fundamentalmente por parte da televisión, non cabe atribuíla a unha determinada emisora ou cadea, se non ás preferencias do público que é, en definitiva, quen permite a continuidade ou non dun determinado programa en antena.

Miserias humanas, lixo mediático ou incivismo social son carencias duns valores cívicos que, co beneplácito do público, desfilan a diario pola programacíón de todas as cadeas de televisión; todo un síntoma de carencia de inmadurez social dos españois que encadro nun obsoleto sietema de convivencia. En definitiva, para chorar.

Te puede interesar