Segunda Subida ROCAS - O EIRADO

Cartel 2008
O próximo día 8 de xuño celebrarase en Esgos a 2ª Subida Rocas – O Eirado cun percorrido de 14 km e a 2ª Andaina Popular con un percorrido de 24 km.
A saida das probas será diante da Casa do Concello en Esgos. A andaina comezará as 9:30 h e rematará no mesmo punto de saída.
A carreira comezará ás 10:30 h e rematará en O Eirado (Pardeconde). Haberá un autobús a disposición dos corredores para baixar ata Esgos.

Os camiñantes pasarán por un peto das ánimas, o mosteiro de San Pedro de Rocas, polos camiños da ruta 'Camiño Real', polo 'Camiño natural da Ribeira Sacra' e pola ermita da Virxe do Monte.

O remate das probas haberá unhos pinchos para repor forzas na Praza da Souteira.


Os que o desexen poderan inscribirse gratis na web do concello www.concelloesgos.com, no teléfono 988 290 030, no fax 988 290 006 ou na tenda de deportes 'Red 1' (Rúa da Sainza, 18. Ourense. Teléfono 988 237 019). O prazo de inscripción xa está aberto, e remata o mercores 4 de xuño, aínda que a xente que o desexe poderá inscribirse ata o memo día da proba (sempre que haxa dorsais disponibles).

As bases pódense consultar en www.concelloesgos.com.

Te puede interesar