CONCELLO

O 1 de setembro ábrese o periodo de pago das tasas municipais

Para este periodo fíxase o cobro, por parte do servizo de Recadación, dos impostos de bens inmobles e de actividades económicas, iste último correspondente ó padrón do ano actual. 

A Alcaldía do Carballiño vén de facer públicos os prazos voluntarios de pago dos impostos e taxas municipais, que se abrirán o día 1 de setembro e se prolongarán ata 4 de novembro. Para este periodo fíxase o cobro, por parte do servizo de Recadación, dos impostos de bens inmobles (de fincas rústicas e urbanas) e de actividades económicas, iste último correspondente ó padrón do ano actual. 

Tamén se inclúen nos prazos voluntarios o segundo semestre anual da taxa pola recollida de lixo e residuos sólidos, e á de vados permanentes e reservas de entrada a garaxes nas vías públicas.

Te puede interesar