Andaina ós petroglifos de Cangues, en O Irixo

Os petroglifos de Cangues en visión nocturna. (C.R.)
photo_camera Os petroglifos de Cangues en visión nocturna. (C.R.)

O punto de partida será o campo da festa de Madarnás, fronte ao local da asociación de veciños desta parroquia, ás 22,00 horas, en que terá lugar a andaina

Por sexto ano, o Centro de Estudios Chamoso Lamas organiza para este próximo venres, 4 de agosto, unha nova andaina nocturna aos petroglifos de Cangues. Trátase dun percorrido duns 4 quilómetros de ida e volta para observar á luz das lanternas os grabados rupestres das rochas do parque castrexo de Cangues, no Concello do Irixo, que estará guiado polo arqueólogo Jorge Lamas e Adolfo Otero, integrantes do colectivo cultural carballiñés.

O punto de partida será o campo da festa de Madarnás, fronte ao local da asociación de veciños desta parroquia, ás 22,00 horas, en que terá lugar a andaina.

A organización recomenda levar lanternas, chalecos reflactarios, calzado cómodo e roupa de abrigo.

Non se precisa inscrición previa, senón acudir ao lugar da cita a partir das 21,30 horas.

Ao termo da andaina, que conta coa colaboración da Asociación de Veciños de Madarnás e do Concello do Carballiño, haberá unha queimada no local da asociación veciñal.

Te puede interesar