CARBALLIÑO

O audiovisual e o teatro chegarán á Insua dos Poetas

<p></p>
photo_camera Diego Fernández, Francisco Fumega, Luis González Tosar e Celso Sánchez, tras a firma do convenio

Un convenio da Fundación do Concello de Carballiño permitirá impulsar novas iniciativas culturais

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e o presidente da Fundacion Insua dos Poetas, Luis González Tosar, asinaron onte un convenio de colaboración para impulsar novas iniciativas culturais, non só no eido literario como xa se viña facendo na Insua dos Poetas, senón tamén no audiovisual e teatral, así como noutras manifestacións culturais. González Tosar referiuse ao Premio Nobel de Literatura William Faulkner para expresar o convencemento de que “o local é o principio básico de todo o que se queira converter en universal”, e por iso considera que con este convenio, "aínda que xa tíñamos unha colaboración, agora formalízase".

Tosar destacaba o feito de que a Insua dos Poetas, ubicada na Esgueva de Madarnás, esté no Carballiño por ser unha vila con actividade económica, empresarial e comercial, "de un dinamismo extraordinario, e está tamén a cultura. Queremos que a Insua dos Poetas sexa ese parque literario, e ímolo conseguir na medida que teñamos apoios". González Tosar engadiu que "empezamos unha etapa nova que vai ser moi fructífera", anunciando que a actividade literaria vaise extender ao teatro e ao cinema.

O alcalde referiuse á Insua dos Poetas como “o magnífico parque da Esgueva, que aglutina tres elementos definitorios: as letras, a escultura e o medio natural. En definitiva, un lugar de encontro coa Cultura, que temos a gran sorte de que estea ubicado no Carballiño”. “Realmente, é moi importante contar cun parque desta relevancia, polo que nos comprometemos a impulsar máis actividades e a promocionalas dentro e fóra do noso municipio, co obxectivo de que poida ser un marco cultural ainda máis relevante”, dixo Fumega, que engadiu: “A Insua dos Poetas é xa parte do noso patrimonio cultural, e estamos ante unha boa oportunidade para poñer en valor este patrimonio".

Te puede interesar