A autovía AG-53 xa dispón de enlace en Dozón cara Ourense

El nuevo enlace con la AG-53 en Dozón.
photo_camera El nuevo enlace con la AG-53 en Dozón.

Os automobilistas que circulen entre Santiago de Compostela e Ourense poderán utilizar dende hoxe o novo acceso á autovía autonómica AG-53 a altura de Dozón, que será aberta o tráfico pola Xunta, tras un investimento aproximado de un millón de euros no proxecto.

O remate das obras executadas pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade permitirá a circulación polo ramal de conexión construído entre a autovía autonómica que cruza a comarca do Carballiño e a vía de titularidade estatal N-525, en Dozón, e permitir así o movemento de incorporación en sentido Ourense.

Os traballos centráronse no enlace que comeza na contorna do punto quilométrico 275 da estrada nacional, ampliando o carril de vehículos lentos existente e cruzando a AG-53, a través do paso inferior do punto quilométrico 59,410 da autovía, para continuar ao longo duns 400 metros ata entroncar coa autovía da Xunta pola súa marxe dereita, en sentido Ourense. 

O enlace ten dobre sentido de circulación entre a estrada nacional e o camiño de servizo que discorre parello á autovía pola súa marxe dereita, manténdose a entrada na N-525.

Te puede interesar