Boborás oferta clases de música, ximnasia e diversos talleres

As autoridades municipais de Boborás poñen en marcha na primiera semana de outubro un programa de actividades dirixido a persoas maiores de 14 anos e que se desenvolverán en distintas localidades deste Concello para facilitar a participación de todos os veciños interesados.
Deste xeito, están previstas clases de gaita, pandeireta e percusión, contando coa Escola de Gaitas de Boborás, todos os sábados na Casa Consistorial, a partires das 20,00 horas.

Ademais, haberá ximnasia de mantemento, os martes e xoves, no pavillón de deportes, entre as 20,15 e as 21,15 horas; e os luns e xoves, no local social de Feás, de 18,45a 19,45 horas.

A xerontoximnasia tamén está aberta ás persoas a partir dos 14 anos, aínda que está sobre todo indicado para maiores de 45. Será os martes e xoves, de 17,30 a 18,30 horas no local social de Brués. Finalmente, a programación contempla un taller de envellecemento activo, no que se impartirá ioga da risa, cachibol, actividades para exercitar a memoria e ximnasia, previsto para os martes, de 16,00 a 17,00 horas, no local social de Albarellos; e de 17,30 a 18,30 no de Xendive, para rematar de 19,00 a 20,00 horas no local do Regueiro.

O prazo de inscripción permanecerá aberto ata o próximo 19 de outubro nas oficinas do Concello de Boborás, en horario de 8,00 a 14,30 horas, segundo sinalan os responsables da organización.

Te puede interesar