A campaña dos comerciantes reparte no Nadal 3.000 euros

A Asociación de Comerciantes e Empresarios do Carballiño (ACEC), ó traverso dos 90 establecementos do seu Centro Comercial Aberto (CCA), sorteará un total de 3.000 euros en vales de compra durante a campaña de Nadal, que se desenvolverá dende o vindeiro venres ata o día 5 de xaneiro.
Os comerciantes recuperan a figura da súa mascota, o oso 'Óscar', e repartirán 90 osos entre os locais comerciais xunto cun sobre, pero só 13 deles terán premio: un de 1.000 euros, dous de 500 euros e 10 de 100 euros. Os clientes que acudan a mercar recibirán un boleto onde deberán sinalar tres comercios do CCA e, en caso de acertar ó menos un dos 13, entrarán no sorteo do premio correspondente.

Un notario abrirá os sobres o día 5 de xaneiro e o sorteo dos vales celebrarase públicamente na súa presenza o 14 de xaneiro. O presidente da ACEC, Adolfo Nogueira, subliñou que o orzamento desta campaña, que leva por título 'Busca o teu Óscar', aproxímase ós 10.000 euros, dos cales 3.000 están adicados ós premios e o resto a gastos publicitarios. Os propietarios dos locais participantes recollerán a última hora de hoxe na sede da asociación os osos e os 500 boletos que leva cada establecemento. Os gañadores teñen ata o 20 de febreiro para canxear os vales concedidos.

Te puede interesar