Cáritas e veciños de Maside envían produtos a Ucraína

En Maside poñen á venda xabóns naturais e recollen material donado, igual que na parroquia carballiñesa

O Concello de Maside colabora nunha iniciativa solidaria coa posta a venda de “Xabons Solidarios” para recaudar fondos para a adquisición de produtos de primera necesidade destinados ás familias desprazadas pola guerra de Ucraína.

A xabonería artesanal De Lú, ubicada en Maside, foi a encargada xunto con voluntarios da elaboración de xabóns naturais saponificados. Para a elaboración dos xabóns doaron aceite varios restaurantes do Concello de Maside: O Barazal, Os Pitelos, A Casiña do Bardelás e restaurante Os Amigos de Garabás.

Para o seu emballaxe contouse coa colaboración da Asociación Cultural de Mulleres Santa Agueda de Maside e cos petos feitos polos nenos do municipio nun obradoiro de reciclaxe. Cada xabón irá acompañado dun recetario de produtos de limpeza ecolóxicos que se poden facer coa base das pastillas dun peso de 200 gramos. Terán un prezo en concepto de donativo de 5 euros e estarán á venda nos establecementos comerciais do Concello de Maside.

A recadación irá íntegramente destinada á adquisición de mercadurías (medicamentos ou calquera produto necesario) que serán enviadas a través de transporte solidario, “ás familias desprazadas da dramática actual situación humanitaria”, segundo indican os impulsores da iniciativa.

Ademais, a Asociación Cultural A Casa Aberta puxo en marcha unha recollida de material médico e alimentos non perecedeiros e ten como punto de recollida o Colexio Vello de Maside, en horario de 17,00 a 20,00 horas.

Non é esta a única iniciativa para axudar ós damnificados de Ucraína, xa que tamén Cáritas Parroquial de Carballiño recolle medicamentos e enseres de primeira necesidade para o seu envío urxente. O párroco, Jorge Juan Pérez, fai un chamamento aos que estén interesados en donar para que o fagan canto antes, xa que na próxima semana contarán cun camión dunha empresa que se presta a colaborar e que transportará o material desde Galicia hasta a fronteira de Polonia con Ucrania, onde se descargará unha parte e o resto levarase ata a cidade de Leópolis.

Axuda

Esta axuda, afirma o párroco que será entregada ás personas que están en Ucraína e tamén aos desprazados. A parroquia anuncia que se farán máis envíos, tamén á estación de Atocha, en Madrid. Os donativos pódense facer na sede de Cáritas (casa parroquial), de 11,00 a 13,00 horas ou na Veracruz, de 18,00 a 20,00 horas.

Te puede interesar