Carlos Montes presenta o seu libro “Alarifes do Carballiño”

Montes, Fernández e Rodríguez.
photo_camera Montes, Fernández e Rodríguez.
Co título de “Alarifes do Carballiño”, que editou o Centro de Estudios Chamoso Lamas, o historiador Carlos Montes Marqués recolle medio cento de persoeiros que contribuíron a construír a vila ao longo dos séculos XVII, XVIII e XIX

“Alarifes do Carballiño”, de case 200 páxinas, ten lugar no ano no que se cumpre o bicentenario do nacemento de Tomás María Mosquera (10 de novembro de 1823, en Castelo-Cea), que fora ministro de Ultramar e Fomento, e quen primeiro propuxo a abolición da esclavitude nas colonias. 

A presentación tivo lugar coa asistencia do concelleiro en funcións de Cultura, Diego Fernández; o presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Carlos Rodríguez, e o autor da obra, Carlos Montes. “Trátase dun traballo de investigación moi pormenorizado que demostra en gran parte que no nacemento do Carballiño foi máis importante a contribución de determinados persoeiros que o Mosteiro de Oseira, como se cría ata o de agora”, segundo dixo Carlos Montes.

O libro contén información de máis de 17.000 documentos de numerosos arquivos e unha relación das propiedades existentes na vila en 1880, os alcaldes entre 1813 e 1900 e a biografía de 50 persoeiros que tiveron un gran protagonismo na súa historia. O Casino acollerá a presentación da obra o venres, ás 20,30 horas.

Te puede interesar