O CARBALLIÑO | FESTA DO PULPO

Un cento de peñas da Festa do Pulpo tomaron as rúas

<p></p>
photo_camera As rúas de Carballiño estiveron ateigadas de xente. La imaxe da dereita, unha das peñas participantes no concurso.

Participaron nun concurso que premiou o deseño, a orixinalidade e o número de integrantes

Os tradicionais cabezudos de Viana do Castelo (Portugal) percorreron as rúas do Carballiño como anticipo da Festa das Camisetas, na que foron protagonistas as peñas da Festa do Pulpo. A Festa das Camiseras das Peñas xuntou na Praza Maior da vila a máis de 2.000 persoas, a maioría xóvenes, que perteñecen a un cento de peñas, que foron as que se inscribiron no Concello para participar no concurso de deseños de camisetas alusivas á Festa do Pulpo. As peñas participarán hoxe na multitudinaria festa, lucindo as respectivas camisetas, enchendo de colorido o Parque municipal.

Cada Peña recibe do Concello unha axuda de 60 euros por participar no concurso, e tamén se entregaron dous premios de 200 euros para o mellor deseño de camiseta ou o maior número de integrantes.

Xunto coa Tapa de pulpo máis grande do mundo, cuxo récord conseguiuse o pasado martes, a Festa das Camisetas das Peñas xa forma parte da programación previa da Festa do Pulpo, e vai camiño de convertirse en toda unha tradición, xa que cada ano son máis os participantes que compiten e desfilan polo centro da vila, adiantando así a festa que continúan, moitos deles sen dormir, ao día seguinte.

O concurso e o desfile estivo amenizado por un DJ, comezando así unha das noites máis longas do verán do Carballiño, na que as rúas e establecementos de hostalería estiveron abarrotados de xente ata o amencer.

Hoxe é o día grande, e no Parque municipal e tamén no pobo, espéranse miles de persoas, que disfrutarán da música e bailes tradicionais e, sobre todo, da boa comida, co pulpo á feira como prato estrela.

Te puede interesar