AXUDA

O Centro da Muller asesora ós colectivos para pedir axudas

Para calquera información ou dúbida, as persoas interesadas poden pasar polas dependencias do Centro de Información ás Mulleres do Carballiño

O Centro de Información ás Mulleres do Concello do Carballiño ponse a disposición dos colectivos femininos para solicitar as subvencións da Xunta destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres. Estas axudas que concede a Secretaría Xeral de Igualdade poden tramitarse ata o 28 de agosto.

Segundo informa a concelleira responsable deste departamento, Marina Ortega, hai dúas liñas de actividades subvencionables: Consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións, e outra de promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade. Esta última ten que ver coa á sensibilización e conciencación social, información ou formación en materia de igualdade e prevención da violencia de xenero, ou dirixidas a potenciar e facilitar a mellora de calidade de vida e a participación das mulleres en todos os ámbitos.

Desde o Centro de Información ás Mulleres asesoraranse a todos os colectivos que decidan solicitar dita subvención, ademais de axudalas na elaboración e tramitación da documentación pertinente.

Para calquera información ou dúbida, as persoas interesadas poden pasar polas dependencias do Centro de Información ás Mulleres do Carballiño, sitas na rúa Faustino Santalices, nº10, baixo ou chamando ao telefono 988531076. 
 

Te puede interesar