Unha comisión premiará as camisetas da 'Festa do Pulpo'

O Concello do Carballiño establece por décimo cuarto ano consecutivo o 'Premio das camisetas das peñas xuvenís', co obxectivo de seguir incentivando a participación dos xoves na Festa do Pulpo, que acada a súa edición número 50 o vindeiro 12 de agosto De aí que se estableza un único premio, dotado con 150 Euros, para a camiseta que se considere máis orixinal, segundo o criterio dacomisión municipal organizadora do evento gastronómico, que valorará tanto o deseño coma o lema empregado por cada unha das peñas.
Tódalas peñas que presenten camisetas terán unha axuda de 60 euros, sendo condición indispensable acudir á recepción oficial no salón de plenos da Casa do Concello, o sábado 11 de agosto, ás 20,00 horas. O prazo de presentación de camisetas finalizará o venres, 10 de agosto, ás 13,30 horas. No certame poderán participar tóda-las peñas xuvenís que o desexen, coas únicas condicións de que teñan 15 compoñentes, como mínimo, e de que as camisetas que elaboren identifiquen por igual a topdos eles, de xeito que cada grupo presentar no Concello carballiñés unha das camisetas impresas.


REQUISITOS

Ademais, tanto para poder optar ó premio de 150 euros como ás axudas de 60 euros, as peñas concursantes deberán presentarse no acto de entrega dos galardóns do 11 de agosto con 10 membros, como mínimo, coas respectivas camisetas postas. Na anterior edición da Festa do Pulpo presentouse máis de medio cento de colectivos uniformados, totalizando máis dun milleiro de xóvenes.

Te puede interesar