O Concello e a Biblioteca amplían o horario público

a limitación de aforo cambiou as horas de atención aos usuarios que seguirán utilizando a cita previa

O Concello do Carballiño recupera o horario de atención ao público anterior á crise sanitaria polo covid-19. Finalizado o estado de alarma, as autoridades municipais decidiron implantar de novo os horarios de antes da pandemia e será a partir do próximo 24 de maio, cando a atención aos cidadáns pase a ser dende as 08,30 ata as 14,30 horas de luns a venres. 

Dende o Concello do Carballiño informan que vai continuar o servizo de cita previa para evitar masificacións e manter a seguridade de usuarios e traballadores.

As limitacións de aforo motivaran a redución de tempo para poder acceder aos distintos departamentos municipais, que ahora se amplía, recuperando a franxa horaria anterior.

Biblioteca

Así mesmo, as autoridades locais anuncian tamén cambios na Biblioteca Municipal do Carballiño, concretamente na sala de estudo, que funcionou en xornada continua, só durante as mañas, desde que  a normativa sanitaria permitiu a apertura deste servizo. O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, sinala que daquela foi a petición dos propios usuarios e a ampliación de agora tamén é polo mesmo motivo. Comezará o próximo luns e será de 09,00 a 13,00 horas e de 17,00 a 20,00 horas e este servizo tamén funcionará co sistema de cita previa para controlar o aforo e a identidade dos usuarios para o caso de que se produzan situacións de risco sanitario.

Te puede interesar