O CARBALLIñO

O Concello busca ideas para atraer máis turistas en xullo

photo_camera O alcalde, Francisco Fumega.

Francisco Fumega afirma que "O Carballiño creo que conta con moitas ferramentas para que, durante o verán, sexamos o punto de destino de moita xente”.

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, xunto co concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira, e o de Ocio e Dinamización Turística, Manuel Dacal, manterán hoxe unha reunión cos membros da Asociación de Hostaleiros da vila co firme obxectivo de buscar fórmulas para dinamizar o verán carballiñés, con especial atención no mes de xullo, ofrecendo dende o goberno municipal o apoio total ao sector hostaleiro local, e o mesmo tempo escoitando as suxestións que estes profesionais poidan aportar para acadar o fin desexado.

Á reunión foron convidados tanto os membros da Asociación de Hostaleiros, como os profesionais deste sector que non estean no citado colectivo. Trátase, tal e como apuntaba o concelleiro de promoción económica, de “escoitar e achegar ideas para, entre todos, poder facer cousas e accións que en definitiva redunden no ben común de todo O Carballiño. O Carballiño creo que conta con moitas ferramentas para que, durante o verán, sexamos o punto de destino de moita xente”. As accións estarán pensadas nos distintos eidos como o cultural, deportivo, ocio, infantil, entre outros, con fin de recuperar O Carballiño como referencia para milleiros de visitantes que aportaron durante moitos anos un importante fluxo económico”.

As autoridades lembran que durante o mes de agosto hai importantes actividades como a Festa do Pulpo e as Xociviga e que setembro tamén é un mes que conta con atractivos de ocio, como son as festa patronais. Por iso o goberno municipal quere incidir agora en xullo.

Te puede interesar