PATRIMONIO

O Concello pecha o acceso ata a Pena dos Namorados

<p></p>
photo_camera Aspecto que presenta na actualidade o acceso á Pena dos Namorados

Encarga un proxecto para arranxalo, pois supón un perigo para os visitantes

A Concellería de Medio Ambiente do Carballiño precintou o acceso á Pena dos Namorados debido ao seu deterioro e ao risco que implica visitar este emblemático paraxe. Ao mesmo tempo, o goberno municipal vai encargar un proxecto de acondicionamento da escaleira e balaustrada do mirador, para o que incluirá unha partida específica nos orzamentos do ano que ven e que se están a elaborar nestes momentos, co obxectivo de poder acometer a reforma desta zona a comezos do próximo ano 2017.

Esta medida ven condicionada polo deterioro que sufre o entorno deste monumento dende hai algúns anos, "sen que se tivese realizado ningún tipo de mantemento ou resposición dos travesaños da escaleira nin das madeiras da balaustrada, poñendo en perigo a seguridade das persoas", sinala a concelleira Érika Paz.

O grupo municipal do Partido Popular rexeita as críticas sobre a súa responsabilidade e recorda que ata fai pouco non se podía arranxar porque "este lugar foi salvado ante o Xulgado do Mercantil de ser devolto aos seus anteriores donos e que por causa da incapacidade de varios gobernos socialistas, costoulle a todos os veciños preto de 700.000 euros".

Te puede interesar