Concurso de fotos sobre a muller e a conciliación

<p></p>
photo_camera Julián Garriga, a la izquierda, Marina Ortega y Manuel Blanco.

O certame vai dirixido a persoa afeccionadas á fotografía, estando descartados os profesionais e as bases completas pódense consultar na páxina web municipal ou nas asociacións O Potiños e de comerciantes.
 

A área de igualdade do Concello de Carballiño, en colaboración coa asociación fotográfica O Potiños e o Centro Comercial Aberto, convocou un novo concurso fotográfico para ilustrar o cartel anunciados dos años do Día da Muller Traballadora do próximo ano.

O certame vai dirixido a persoa afeccionadas á fotografía, estando descartados os profesionais e as bases completas pódense consultar na páxina web municipal ou nas asociacións O Potiños e de comerciantes.

Concederanse tres premios, de 300, 200 e 100 euros en vales de compra no comercio local, para as tres mellores fotos, que deberán ser inéditas. A data límite para a súa entrega será o próximo 3 de marzo.

A Concellería de Benestar está a ultimar a programación para o Día da Muller Traballadora do 8 de marzo, cunha serie de actividades reivindicativas de conciliación laboral e familiar das mulleres.

No acto de presentación do certame fotográfico participaron a concelleira de Benestar, Marina Ortega, e os representantes de O Potiños e os comerciantes, Manuel Blanco e Julián Garriga, respectivamente.

Te puede interesar