Creada una plataforma contra o reclamo do IRPF ós retornados

O BNG reúne ós emigrantes pensionistas retornados do Carballiño e Ribeiro nunha plataforma reivindicativa contra o cobro do IRPF pola Axencia Tributaria. Hoxe, a partires das 20,00 horas, na Casa da Cultura do Carballiño, haberá unha asamblea informativa para tratar a problemática, xa que os 'están tratando o PP e Axencia Tributaria como defraudadores, ademáis o BNG ve necesario e fundamental que este colectivo se organice nunha Plataforma Carballiño-Ribeiro, segundo o piden estes afectados' sinalan os responsables desta formación.
Esta asemblea será presentada polo responsable do BNG no Carballiño, Marcos Reboredo, e participarán concelleiros nacionalistas de ambas comarcas xunto coa deputada Tereixa Paz e o emigrante retornado Francisco González.

Te puede interesar