Espazo Común insta a reformar a rúa Ourense, en Carballiño

O grupo municipal Espazo Común vén de presentar no rexistro do Concello do Carballiño a moción acordada cos veciños da rúa Ourense que acudiron á reunión que convocou para abordar a situación do proxecto de acondicionamento.

A moción insta ao Goberno municipal a que a obra da rúa Ourense se execute antes do final deste ano 2022, apuntando que a día de hoxe, é a principal arteria de acceso ao casco urbano ademais dunha vía densamente habitada.

“Vista a importancia que ten por todo o antedito, resulta incomprensible o lamentable estado de abandono que presenta e que, xunto co poboado da Fontela, é o primeiro que ven moitos visitantes ao chegar ao Carballiño”, indica.Desta maneira refírese a que hai maleza, beirarrúas en estado calamitoso e unha deficiente iluminación.

Engade este grupo que o alcalde mostroulles aos veciños “proxectos de 2.000.000 de euros (encargado a unha empresa), logo foi rebaixando a 1.000.000, a 700.000 euros…Primeiro falou de facelo con cargo ao remanente, logo dun acordo coa Xunta para financiar unha parte da obra, despois dun convenio coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil”. Así mesmo, afirma que “a última nova confirmada é que o proxecto é un redactado polo arquitecto municipal de pouco máis de 600.000 euros”

Te puede interesar