Exhibición hoxe de zumba, ioga e pilates na Praza Maior carballiñesa

O Casino do Carballiño organiza para hoxe, ás 20,00 hora, na Praza Maior, unha exhibición de zumba, ioga e pilates. É unha actividade aberta a socios e non socios para publicitar estas actividades que se imparten nas instalacións da sociedade.
A maiores os membros da Escola de Cultura Popular tamén estarán presentes para informar sobre as clases de acordeón, canto e pandereta, baile, percusión, gaita, encaixe de bolillos e cestería, entroutras. Tamén asistirán as integrantes de Tempo Libre Máxico que exporán as súas actividades de Cre-Arte para nenos e maiores, o Espertar Máxico de recollida de nenos e traslado ós colexios polas mañás, teatro ou baile de salón.

Te puede interesar