Francisco Conde destaca en Piñor o valor da industria forestal

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou as instalacións de Maderas Gómez en Piñor -un dos 66 concellos emprendedores da provincia de Ourense-, onde destacou os valores da industria forestal galega: compromiso co territorio e sustentabilidade.

A compañía, que conta con 117 empregados e factura 13,9 millóns de euros, prima en todos os seus procesos madeira quilómetro cero, procedente da contorna. Ademais, no seu compromiso pola sustentabilidade e a eficiencia enerxética, dispón de caldeiras de biomasa e paneis fotovoltaicos.

Conde sibliñou que a Axencia Galega da Industria Forestal estase centrando na modernización do sector, especialmente na innovación e formación, e que as liñas de axuda postas en marcha o pasado ano chegaron a 143 empresas e asociacións e mobilizaron 37 millóns.

Te puede interesar