O grupo coruñés Ditirambo abre a Mostra de Teatro do Carballiño

A novena edición da Mostra de Teatro Amador Terras de Orcellón traerá ó Auditorio municipal do Carballiño un total de oito representacións de grupos afeccionados galegos

A novena edición da Mostra de Teatro Amador Terras de Orcellón traerá ó Auditorio municipal do Carballiño un total de oito representacións de grupos afeccionados galegos, que se desenvolverán tódolos domingos do mes de outubro e os tres primeiros de novembro.

A compañía Ditirambo Teatro Coruña abre hoxe, domingo, o certame, poñendo en escea a obra dramática "Retrato en branco e negro", nunha función prevista para as 19,00 horas, como todas as da mostra, e con entradas ó prezo de tres euros.

Baixo a dirección de Santiago Fernández e con Maica Cotelo, Mónica Carballo e Chelo Falcón nos papeis protagonistas, a montaxe, distribuida en tres actos, céntrase na historia dunha nai e unha filla que se enfrontan ó pasado tras dezasete anos de dolorosa separación.

Esta mostra de teatro afeccionado está organizada pola asociación cultural Tiruleque Teatro e conta co patrocinio e a colaboración da Concellería de Cultura do Carballiño e a Deputación provincial.

Te puede interesar