O CARBALLIÑO

A hostalería fará descontos aos asistentes ó teatro

<p></p>
photo_camera As actrices da obra "As do peixe", da compañía Abrapalabra Creacións Escénicas.

O auditorio municipal acollerá os fins de semana un ciclo con obras de teatro galegas

O ciclo de monólogos “Carballiño Comedy”, estrenado o pasado sábado polo humorista Javier Veiga, compartirá o auditorio municipal durante as fins de semana cun ciclo das mellores obras teatrais galegas, que se representarán os últimos sábados de cada mes.

Pero esta iniciativa ten, ademais, un valor engadido, porque coas entradas para o teatro, a hostalería local oferta un desconto no prezo da cea.

Baixo a denominación de “Os sábados a escea”, a Concellería de Cultura inicia o 27 de febreiro a programación de catro obras de teatro galego, tres comedias e un drama. O ciclo comeza con “As do peixe", da compañía Abrapalabra Creacións Escénicas. Esta comedia foi unha das máis galardoadas nos Premios María Casares do ano 2014.

No mes de marzo, o sábado 26, representarase a comedia “Perplexo", de Ilmaquinario, que obtivo tamén cinco galardóns na última edición María Casares.

O 30 de abril, tocaralle a quenda á compañía Teatro do Atlántico, coa obra dramática “Principio de Arquímedes". E, finalmente, o 28 de maio, represéntase a comedia “Noiteboa”, da compañía Redrum Producciones. Ambas candidatas aos aos Premios María Casares do 2016.

As representacións terán lugar todas ás 20,30 horas, e terán un prezo de 5 euros, pero coa entrada haberá un desconto do 10% nas ceas dos 29 mesóns e restaurantes incluidos na “Ruta das Tapas”.

Te puede interesar