O IES Chamoso do Carballiño expón un traballo sobre os Cerviño

Cañitas fritas de Cerviño O Carballiño (1)_result
photo_camera Cañitas fritas de Cerviño O Carballiño

O IES Chamoso do Carballiño presenta unha exposición de fotografía e un documental inspirado nos Cerviño

Un grupo de 17 alumnos de 3º da ESO, dirixidos por 7 profesores do IES Manuel Chamoso Lamas do Carballiño, presentan hoxe un traballo de exposición fotográfica e un documental baixo o título de “Cen anos doces”, inspirado na historia e profesión da familia da Confitería Cerviño, no que “se reflicte o traballo diario que fai desta confiteiría un referente do noso pobo, coñecido en moitos lugares de Galicia e parte do estado español”, segundo apuntan os profesores. 

Ás 20,00 horas terá lugar a inauguración da exposición de un total de 71 fotografías, que estará situada na rúa Tomás María Mosquera, case ao lado da confitería e nesta misma xornada de hoxe, ás 21,00 horas, no Auditorio Manuel María, estrearase a curta documental de 25 minutos de duración. 

Esta iniciativa forma parte do programa Cine en Curso e Fotografía en Curso, que desenvolve o centro educativo carballiñés desde 2014, dentro do Plan Proxecta de Innovación Educativa de Educación.

Durante o curso, os alumnos formáronse en fotografía e en todo o proceso ata a montaxe do documental.

En anteriores cursos elexiron, entroutras temáticas, a Igrexa da Veracruz, pobos abandonados do Varón, espazos abandonados da comarca como a fábrica de papel de Lousado e sobre a memoria viva do río Arenteiro, que foi o do pasado ano. Nesta ocasión elexiron este negocio que se puxo en marcha na década dos anos 20 do século pasado.

Te puede interesar