Unha inversión de 1,3 millóns de euros acondiciona as infraestructuras do polígono e do parque empresarial

A empresa Ocasa será a responsable de acometer as obras de urbanización do polígono da Uceira e do parque empresarial do Carballiño. A inversión ascende a 1,3 millóns de euros, e o proxecto contempla a pavimentación, novas beirarrúas, sinalización e a reducción das rotondas para que podan xirar con facilidade os vehículos articulados de gran envergadura.
A Consellería de Vivenda e Solo adxudicou por 1.376.539 euros as obras de urbanización da Área Empresarial do Carballiño. A empesa adxudicataria, Ocasa, dispón dun prazo de tres meses para executar os traballos.

Este proxecto forma parte do Plan Director da Área Empresarial en resposta a demanda dos empresarios da comarca. Suporá unha mellora na urbanización, sinalización e servizos do polígono da Uceira e do novo parque empresarial.

Desta maneira, está prevista a dotación para ambos espazos dunha imaxe unificada, homogenizando a pavimentación, beirarrúas, mobiliario urbán e sinalización viaria.

No parque empresarial está prevista a reducción das rotondas xa que dificultan o xiro dos vehículos articulados de grandes dimensións. Tamén se rebaixará a calzada e se habilitarán espazos con arbolado y para a recollida dos residuos. As obras deberán estar rematadas o 31 de decembro do presente ano.

Reunión

Esta intervención, que entre outras cousas suporá un arranxo do pavimento do polígono da Uceira, que se atopa moi deteriorado, foi dada a coñecer pola conselleira Teresa Táboas nunha recente reunión que mantivo cos empresarios da comarca. ‘Cúmprese así o compromiso adquirido por este departamento autonómico co colectivo empresarial para mellorar e unificar as infraestructuras do solo productivo no Concello do Carballiño’, apuntaron fontes da Consellería de Vivenda e Solo.

Reclamacións

O proyecto responde as inquedanzas da asociación de empresarios de ambos polígonos, recentemente constituida precisamente para reivindicar mellores servizos e o acondicionamento das infraestructuras.

Te puede interesar