Manuel Baltar defende o papel das deputacións

Argimiro Marnotes, á esquerda, presentou a Baltar, que defendeu as competencias das deputacións. (Foto: MIGUEL ÁNGEL)
A segunda xornada da escola de verán 'Miguel Ángel Blanco', que organiza o PP de Ourense no Carballiño, desenvolveuse na tarde de onte nunha abarrotada Casa da Cultura. A sesión comezou coa proxección do vídeo 'A xeración Miguel Ángel Blanco', no que concelleiros 'populares' no País Vasco expoñen a súa experiencia fronte ó terrorismo.
A continuación, o presidente comarcal do PP, Argimiro Marnotes, presentou ó seu homólogo provincial, Manuel Baltar, que fixo unha defensa do papel que están a xogar as deputacións 'coma prestadores de servizos e máis achegamento ós cidadáns'. O tamén responsable da Deputación de Ourense plantexou un novo modelo de xestión deste tipo de institucións.

Deste xeito, apuntou que 'primeiro, hai que ter claro cáles son as súas competencias, e segundo dispoñer do financiamento necesario por parte do Estado para mantelas'. Baltar tamén propuxo a elección directa do presidente e dos deputados provinciais 'de xeito directo por parte dos cidadáns' nos comicios municipais.

Te puede interesar