Manuel Penedo revalida a presidencia do PP en Irixo

Manuel Penedo Paradela.
Manuel Penedo Paradela revalidou a presidencia local do PP en Irixo co 100% dos votos emitidos polos compromisarios.
Penedo avanzou que 'os nosos obxectivos para este mandato son facer do Irixo un lugar que, aparte de ser grande en extensión, tamén o sexa en ilusión. Temos que apoiar a puxanza comercial e industrial do noso pobo', engadindo que 'é indispensable aprobar canto antes o Plan Xeral de Ordenación para a posta en marcha do futuro polígono industrial, porque sen empresas e moi difícil fixar poboación'. Tamén falou o presidente local das potencialidades como a natureza e o patrimonio cultural, a riqueza agraria e forestal, que 'debemos recuperar para explotar a través da producción de carne de gran calidade',

No discurso de clausura, o presidente provincial, Manuel Baltar, abundou na importancia da transparencia nas administracións, 'nestes tempos convulsos para o nobre exercicio da política, é máis necesario que nunca recuperar e afianzar a confianza que os veciños e depositan nos seus representantes públicos, algo que acadamos dando exemplo de transparencia, limpeza na xestión e falando coa xente para dicirlles sempre a verdade e, sobre todo, para atender as súas necesidades con rigor, honestidade e altura de miras'.

Te puede interesar