Turismo

Maside proxecta un roteiro cultural ao redor do castro

O sarcófago descuberto no xacemento arqueolóxico de Santa Mariña, en Maside.
photo_camera O sarcófago descuberto no xacemento arqueolóxico de Santa Mariña, en Maside.
O Concello tamén está pendente dun convenio coa Xunta para as escavacións do xacemento

O Concello de Maside presentou un proxecto ao GDR Asociación Carballiño-O Ribeiro para financiar a sinalización de recursos turísticos e culturais. Preténdese a posta en valor e conexión dos puntos de maior relevancia dentro do municipio, tanto dende un punto de vista natural como cultural.

Trátase dunha ruta de 10 kilómetros que ten como eixos principais a ponte medieval San Fiz, que salva o curso do río Barbantiño, e o xacemento arqueolóxico de Santa Mariña. "Conformarase así un roteiro de incalculable valor patrimonial-natural con todos estos recursos que se atopan recollidos no catálogo da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural de Galicia", segundo recolle o proxecto.

O desenvolvemento turístico é un dos obxectivos prioritarios do actual equipo de goberno. Despois da creación e posta en valor da ruta do románico coa colocación de paneis interpretativos nas igrexas de Santo Tomé; Santa Comba; San

Pedro; Santa María e San Mamede máis as torres do Pazo e Mundín, tamén se levou a cabo a limpeza do castro de Santa Mariña no 2020, a raíz dunha prospección levada a cabo no 2010 que deixara ao descuberto unha trintena de rochas con gravados e rebaixes: pías, canles, cazoletas, ademáis dunha tumba e un sarcófago antropomorfos. 

O Concello está agora pendente da firma dun convenio coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para executar escavacións neste xacemento. 

En relación ao roteiro, recolle o proxecto que "preténdese por tanto a posta en marcha dunha infraestrutura turística que permita combinar o turismo cultural e de natureza, co recoñecemento e interpretación do importante patrimonio relixioso e arqueolóxico, con especial énfase no xacemento do Castro de Santa Mariña no que xa se veñen realizando tarefas de revitalización, así como o diferente sendeiro natural cara a magnífica".

Ponte Medieval de San Fiz

Deste xeito, preténdese instalar unha sinal direccional de intersección segundo o manual turístico da Xunta para guiar aos visitantes ata o castro; seis sinais indicativas que guíen ao camiñante polo percorrido; seis frechas de sinalización de recursos turísticos; 15 estacas pintadas coas marcas correspondentes de dirección boa, errónea, xiro a esquerda ou dereita; un panel explicativo a situar na parte baixa do acceso ó xacemento; un panel directorio cultural no centro de Maside e outro panel  na área recreativa. O Concello tamén prevé organizar visitas dos centros educativos e elaborar unha unidade didáctica.

Te puede interesar