Montes acusa ó PP de boicotear a praza pública

O alcalde do Carballiño, Carlos Montes, manifestou onte que “unha mostra da política municipal do PP está na iniciativa que parte da dereita máis conservadora do noso pobo para tratar de paralizar a obra da praza da Veracruz, que tanto traballo nos costou conseguir'.
O rexedor socialista engadiu que 'o pior é que son os mesmos que non dixeron nada cando se construiron os edificios que rodean a obra de Palacios, que si lle quitaron toda a perspectiva visual'.
Montes alude nas súas declaracións ós directivos da Asociación de Veciños 'Camiño', que dirixiron un escrito á Comisión Provincial de Patrimonio, no que solicita a paralización urxente dos traballos na praza e unha inspección por parte dos técnicos da Xunta.

Te puede interesar