Moreiras mostrou a súa historia aos camiñantes

uploaded_andaina_result
photo_camera Os participantes no Roteiro Cultural de Moreiras.

O mestre e investigador Juanjo Álvarez falou sobre os traballos de canteiría que se fixeron a finais do 1800 como o cruceiro e a ponte da estrada de Feás

Un total de 62 persoas participaron no Roteiro Cultural pola parroquia de Moreiras, en Boborás, guiadas polo Centro de Estudios Chamoso Lamas e o Grupo Ecoloxista Outeiro e acompañados pola concelleira de Cultura, Patricia Torres. Xaime Nogueira facilitou información toponímica dos lugares e o historiador Xosé Luis Sobrado referiuse aos documentos que falan de Moreiras no século XIII, concretamente nun testamento dun Comendador de Pazos de Arenteiro. 

O mestre e investigador Juanjo Álvarez falou sobre os traballos de canteiría que se fixeron a finais do 1800 como o cruceiro e a ponte da estrada de Feás, nos que traballaron os canteiros Antonio Alonso e José María Bouzas, e tamén fixo unha mostra de arqueoloxía experimental co lanzamento da "azagaya" explicando a evolución desta antiga técnica de caza.

Durante a andaina tamén se puderon ver os hórreos, e a tipoloxía das casas feitas con xisto, a pedra da zona que tan ben explicou o biólogo Diego Reboredo, entre outras visitas de interés.

Te puede interesar