Novo prazo para facer propostas ao Plan integral do Parque municipal de Carballiño

Será ata o 23 de decembro

O Concello do Carballiño ampliou o prazo para a presentación de propostas por parte dos veciños sobre posibles intervencións a incluir no Plan Integral de Ordenación do Parque municipal, ata o 23 de decembro. O concelleiro non adscrito Marco Antonio Reboredo, fai varias propostas, entre elas a creación dun xardín para cegos; a construción dun parque infantil, zona de ocio e deporte na entrada principal; a demolición do chale existente nas Barcias e a construción dunha estructura multiusos no mesmo lugar para concertos, exposicións, feiras ou xantares.


Ademais, refírese ao acondicionamento da lagoa das Barcias e a protección e ampliacion das especies bótanicas existentes tras o Restaurante Pote. Por último, "celebro que a concellería de Medio Ambiente tivera a ben ampliar o prazo de participación cidadá, xa que nos últimos días estase percibindo interese da cidadanía", sinala.

Te puede interesar