TURISMO

A oficina de Turismo recibiu en xullo preto de 600 visitas

Os turistas tamén se mostraron interesados en información sobre a Ribeira Sacra, as Illas Cíes, as termas de Ourense e a vila de Allariz. 

O número de turistas na vila do Carballiño incrementouse neste 2016 de xeito significativo respecto das dúas tempadas anteriores do 2014/2015, segundo valoran as autoridades municipais. No mes de xuño, desde a apertura da Oficina de Turismo, experimentou un incremento de turistas , xa que só en medio mes a cifra de visitantes ascendeu a 102 persoas, na súa maioría galegos e vascos, sendo o índice de turistas internacionais unha cuarta parte do total. 

Durante o mes de xullo, un total de 589 persoas achegáronse á Oficina Municipal de Turismo. Entre eles, un total de 199 galegos, 106 andaluces; seguidos por 86 procedentes de Madrid e 28 da Comunidade Valenciana. No tocante a visitas de carácter internacional, é necesario salientar o gran número de turistas procedentes de Arxentina, Francia e México.

As visitas á Oficina Municipal de Turismo foron, na súa meirande parte, para pedir información sobre os principais puntos de interese turístico da vila e a súa comarca, así como sobre o patrimonio cultural e artístico, actividades de ocio ou información sobre a nosa gastronomía, focalizada na elaboración do polbo. 

Do mesmo xeito, os turistas tamén se mostraron interesados en información sobre a Ribeira Sacra, as Illas Cíes, as termas de Ourense e a vila de Allariz. 
 

Te puede interesar