O CARBALLIÑO

A Policía Local atopou a orixe da fuga de gasóleo nunha caldeira

Estaba na caldeira dun edificio da avenida Julio Rodríguez Soto, a cal presentaba una fuga que levaba días perdendo o combustible

A Policía Local do Carballiño localizou a orixe da vertedura de gasóleo ó alcantarillado que se detectou durante a xornada do pasado sábado. Estaba na caldeira dun edificio da avenida Julio Rodríguez Soto, a cal presentaba una fuga que levaba días perdendo o combustible, que pasaba os sumideros e dende alí á rede de alcantarillado.


Unha vez localizada procedeuse o selado da caldeira. Dende que tiveron constancia dos olores que emanaban das alcantarillas do casco urbano, os axentes da Policia iniciaron as investigacións, que diron os seus froitos o pasado domingo.

Te puede interesar