política local

O PP carballiñés reclama máis personal de limpeza

Rúa Norte de O Carballiño no derradeiro día de feira na vila
photo_camera Rúa Norte de O Carballiño no derradeiro día de feira na vila
Na actualidade, tan só catro varredores figuran na plantilla municipal

O grupo municipal do Partido Popular do Carballiño considera que o servizo de limpeza de rúas e prazas non é o idóneo, e, polo tanto, solicita do grupo de goberno do Concello que amplíe o número de operarios para melloralo. "A limpeza viaria non está a ser moi satisfactoria para os veciños do municipio, pero, por outra banda, observamos que se contrata dito servizo con empresas privadas", suliña Argimiro Marnotes, concelleiro do PP na Corporación. Ademais, o edil popular manifesta que "temos a sensación de que o servizo de limpeza e de baleirado de papeleiras está totalmente privatizado dende hai uns anos, pero con concesións temporais".

Por iste motivo, o grupo popular propón dúas alternativas ó Concello carballiñés. "Ou se contrata máis personal para as tarefas de limpeza ou cecais se debería convocar un concurso público a varios anos, e non fraccionándoo no tempo como se está a facer na actualidade, co obxectivo de poder cumplir coas expectativas da nosa veciñanza", apunta Marnotes.

Cabe lembrar que tan só catro persoas adscritas á plantilla municipal traballan actualmente como varredores, e deben cubrir amplias zonas do casco urbano tódolos días. Para paliar este déficit, o Concello do Carballiño comezou hai xa tres anos a asinar convenios co Inem e Xustiza para que persoas desempregadas ou aquelas obrigadas por sentenzas a levar a cabo prestacións á comunidade tivesen adicación ás tarefas de limpeza.


Tres meses


Sen embargo, este tipo de contratacións son, na súa meirande parte, durante periodos de tres meses e principalmente na tempada de verán. Debido a elo, entre os meses de outubro a maio, os veciños do municipio detectan como o paso dos varredores polas súas rúas é moi esporádico.

Te puede interesar