O PP propón cambios na taxa para eléctricas, gas e telefonía

Os populares solicitan tamén que se redacte unha nova ordenanza reguladora e fiscal para todo tipo de publicidade que se faga en espacio público

O grupo municipal do PP do Carballiño presenta alegacións ás taxas fiscais aprobadas inicialmente para o 2016. Os populares propoñen que todas as empresas subministradoras de enerxía eléctrica, gas, telefonía e telecomuicacións abonen o 1,5% da súa facturación aos seus clientes do Carballiño. En consecuencia, este grupo solicita que se elimine a ordenanza nº8 reguladora da taxa por ocupación de subsolo de terreos de uso público, que era para empresas submistradoras, co fin de cobrarlles por metro de tubería e cable, considerando que o seu control é imposible, segundo considera o PP.

Por outra parte, tamén se refire á taxa de entrada de carruaxes e vaos, para que se contemple a posibilidade de que non se pague máis que nos anos anteriores, pois no caso de garaxes particulares ou unifamiliares as diferencias poden chegar a ser de 38,50 euros máis caro no ano 2016, polo mesmo dereito de vao.

Os populares solicitan tamén que se redacte unha nova ordenanza reguladora e fiscal para todo tipo de publicidade que se faga en espacio público, "pois non existe nada que o regule e faise imprescindible, tanto polo abuso que pode haber de este tipo de publicidade como polo feito de que se debe de beneficiar a sociedade cos ingresos da taxa correspondente", sinalan. Finalmente, propoñen que na ordenanza reguladora da grúa débense de redondear os importes de todos os conceptos.

Te puede interesar