O PP de Carballiño propón unha nova ordenanza do valor dos terreos

O grupo municipal do PP no Carballiño solicita a través dunha moción a derrogación da ordenanza reguladora do Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana, Natureza do Imposto e Feito Impoñible; e que, de considerarse necesaria a implantación de este imposto no Concello do Carballiño, se requira dos servizos técnicos a redacción dunha nova ordenanza municipal, na que se recollan as solucións aos problemas que a nova regulación estatal trae consigo e na que se aplique tamén a redución sobre o valor catastral do solo do quince por cento que permite a norma.

O PP fai esta proposta considerando que a aplicación do novo Decreto Lei vai supoñer moitos problemas pola posibilidade de optar entre dous métodos de determinación da base impoñible, que a día de hoxe aínda non teñen unha solución clara, e que pode dar lugar a reclamacións contra o Concello.

Te puede interesar