FESTA

O PP quere que o pulpo á feira sexa patrimonio da humanidade

<p></p>
photo_camera Os ediles Marnotes e Caride.

Os populares presentaron unha moción para iniciar o proceso de recoñecemento ante a unesco

O grupo municipal do Partido Popular do Carballiño presentou unha moción para ser debatida en pleno coa que solicita que se inicien os trámites para conseguir a "declaración de patrimonio inmaterial da humanidade para a elaboración tradicional do pulpo á feira". O portavoz deste grupo da oposición, Argimiro Marnotes, matiza que trátase de "un prato que nace no Carballiño e que está exportado a medio mundo, debería de contar con esta declaración que depende da UNESCO".

Para os populares, esta declaración "é sen dúbida o maior recoñecemento que poden ter as

nosas pulpeiras, como recoñecemento o seu labor, que vai de xeración en xeración".

Argimiro Marnotes considera que este proceso deberase desenvolver transversalmente xunto co da internacionalización da Festa do Pulpo, que a partir do ano 2017 xa podería ser declarada de Interese Turístico Internacional pois xa pasarían os 5 anos reglamentarios desde que en xullo de 2012 fora declarada oficialmente de interese turístico nacional, segundo sinalan os populares.

Te puede interesar