A Praza de Abastos de Carballiño premia a seis clientes polo Día do Pai

O presidente da asociación de comerciantes da praza, Eligio González, declarou que estas campañas están conseguindo unha resposta moi satisfactoria entre os clientes

Seis clientes da Praza de Abastos do Carballiño resultaron agraciados co sorteo da campaña polo Día do Pai. Os premiados foron José Vázquez Muleiro, cunha caixa de viño Pazo Tizón; Josefa García, Lola, Casilda e Concha Trigás, cun vale de 50 euros cada unha para mercar na praza, e finalmente, Dosi, que foi a persoa aforunada cun vale por valor de 100 euros para unha cea de dúas persoas.

O presidente da asociación de comerciantes da praza, Eligio González, declarou que estas campañas están conseguindo unha resposta moi satisfactoria entre os clientes, conseguindo incluso captar novos usuarios deste mercado tradicional.

O concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira, destacou o pulo crecente que está acadando o mercado municipal e felicitou aos praceiros, polo seu dinamismo. 

Te puede interesar