EDUCACIÓN

Premiado un robot dun grupo de alumnos do IES Número 1 de O Carballiño

O robot acadou o primeiro premio á orixinalidade, nunha categoría onde competiu con decenas de robots de toda Galicia.

Un grupo de oito alumnos de 1º de Bacharelato do IES Nº 1 do Carballiño participou na V Competición de Robots da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo. Este alumnado asiste no Instituto ás clases de robótica, impartidas polo profesor Manuel Rodríguez Padrón. O robot que presentaron acadou o primeiro premio á orixinalidade, nunha categoría onde competiu con decenas de robots de toda Galicia.

Por outra banda, dentro das actividades extraescolares deste centro educativo, o alumnado de 3º de ESO fixo onte unha excursión a Santiago de Compostela co fin de asistir a un concerto didáctico da Orquestra de Malabares e da Banda de Santiago, ademais de realizar unha visita histórico-artística á cidade. Esta actividade estivo organizada polos Departamentos de Música e Ciencias Sociais.

Te puede interesar